Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de países como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España. En concreto, a  catedrática do Departamento de Física Aplica da Universidade de Vigo e investigadora do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais Ana Ulla é unha das asinantes do artigo, que ten como autor principal a Pasquale Panuzzo.

Tres investigadores do IFCAE conseguen financiación na convocatoria INOU-Campus Auga 2024. Trátase de Matías García Rivera, Fernando Veiga e Lorena Otero. Noraboa e grazas polo voso traballo! Os títulos dos proxectos son:

– Integración de tecnoloxías de posicionamento vehicular con sensorización da contorna. Aplicación á estimación do estado das estradas na provincia de Ourense.

– VIGOUR: Vixilancia de Plantas Invasoras na Galicia Ourensá.

– DIFRA: Detección de Infraccións en Franxas de Protección con Drons.

A segunda edición do concurso de ideas de negocio en materia de xestión do tráfico aéreo (CRIDA), convocado polo Ministerio de Transportes, premiou tres propostas de investigadores egresados do campus de Ourense.

O pasado 16 de febreiro celebrouse no campus de Ourense a feira informativa para mulleres eXXperimienta, que ten como obxectivo espertar as vocacións femininas no ámbito das CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) mediante a realización de experimentos cos asistentes co protagonismo das científicas e tecnólogas do campus. Pola mañá participaron máis de 300 alumnos de oito centros da provincia de Ourense e arredores, mentres que pola tarde a feira estivo aberta ao público en xeral, contando cun total de 14 stands con actividades científicas de carácter visual e manipulativo nos que se presentaron aspectos relacionados coa investigación realizada nas diferentes áreas CTEM do campus.

O Dr Jacobo Varela da Universidade de Austin en USA deu un seminario no IFCAE sobre sinerxias en física de plasmas.

O proxecto AeroGanp reafirma a Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal no sector aeroespacial.

O proxecto AeroGanp, liderado pola Universidade de Vigo, acaba de se por en marcha e conta cun orzamento de dous millóns de euros de fondos europeos. Co obxectivo de crear unha rede de investigación aeroespacial en toda a Eurorrexión, o consorcio que o desenvolve está formado por unha ducia de socios, entre os que se atopan as tres universidades galegas e portuguesas de Minho e Porto, centros tecnolóxicos e administracións públicas.